A animación 3D motiva a 20 mozos e mozas menores de 30 anos da comarca de Ribeira a mellorar as súas calidades profesionais e aumentar as posibilidades de atopar emprego

A animación 3D motiva a 20 mozos e mozas menores de 30 anos da comarca de Ribeira a mellorar as súas calidades profesionais e aumentar as posibilidades de atopar emprego

A Cámara de Comercio de Santiago, Concello de Ribeira e Fundación Incyde clausuraron hoxe un programa de formación sobre o sector dos videoxogos no viveiro de empresas

O viveiro de empresas de Ribeira acolleu hoxe a clausura e entrega de diplomas do programa “Constrúe o teu futuro: Animación 2D e 3D e emprendemento”, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago, Concello de Riveira e Fundación Incyde a través do Fondo Social Europeo. O acto estivo presidido polo teniente de alcalde de Riveira, Emilio Pérez; o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros; e o director de Proxectos da Fundación Incyde, Mariano Alcantarilla.

O principal obxecto do programa foi facilitar a incorporación ao mercado laboral a menores de 30 anos, non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, a través de accións de fomento, formación e apoio ao emprendemento. Os 20 alumnos e alumnas participantes –14 homes e 6 mulleres– adquiriron novos coñecementos sobre a animación 2D e 3D que axudarán a incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade, á vez que descubriron as opcións que ofrece o autoemprego para o seu futuro laboral.

Fernando Barros sinalou que os avances tecnolóxicos son o factor de influencia con maior impacto actualmente no mercado laboral, e puntualizou que o carácter emprendedor resulta esencial para catalizar a innovación nas empresas. Ademais, sinalou que o sector dos videoxogos é o de maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España, e o seu desenvolvemento é un campo profesional prometedor que demanda perfís con formación especializada. En concreto, indicou que o deseño e a produción 3D é un sector en expansión na industria do entretemento e en moitas outras áreas, como a publicidade, infoarquitectura, educación ou investigación.

O programa, que se celebrou do 23 de abril ao 1 de xuño nas aulas formativas da incubadora riveirense, abarcou as principais disciplinas vinculadas á creatividade dentro do mundo da animación. “A industria necesita profesionais cualificados nas áreas de 3D: produción, arte, deseño visual e de personaxes, contornas e props, desenvolvemento visual, modelado, contrución de contornas no motor, rigging, shading e texturas, efectos visuais ou simulación, entre outras relacionadas con competencias técnicas e artísticas” –explicou Barros–. Ademais da entrega de diplomas, a alumna Caryola Lugo presentou o seu proxecto sobre un lavado de coches.

Comentarios
Lo más