domingo. 24.06.2018 |
El tiempo

Celébrase o VI Encontro Mocidade Investigora en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas

Celébrase o VI Encontro Mocidade Investigora en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas

Será hoxe e mañá ás 9:30 horas na Facultad de Filoloxía da USC

Dende hai seis anos o Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Estudos Avanzados da USC (CIEDUS) organiza un congreso para novos e novas investigadoras co obxectivo de fomentar a colaboración e intercambio de coñecementos entre os membros dos diversos programas de doutoramento cos que conta a USC.

Nesta liña, hoxe martes 12 e o mércores terá lugar na Facultade de Filoloxía o VI Encontro da Mocidade Investigadora en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, que inaugurarán ás 9.30 horas distintas personalidades académicas.

Durante os dous días do encontro haberá sesións plenarias sobre aspectos formais, avaliación e acreditación; a traxectoria investigadora, e a organización e demandas da mocidade investigadora. Ademais, desenvolveranse distintas sesións de comunicacións paralelas en Ciencias políticas e Filosofía, Lingüística, Medio ambiente e sostibilidade, Economía, Dereito, Educación, Psicoloxía, Historia da Arte, Perspectiva de xénero, Historia, Artes e literatura e Xornalismo e medios de comunicación.

Comentarios