SOS Sanide Pública convoca unha mobilización o mércores 13 de xuño

SOS Sanide Pública convoca unha mobilización o mércores 13 de xuño
SOS Sanide Pública convoca unha mobilización o mércores 13 de xuño

Será ás 20:30 na Praza do Toural

A plataforma SOS Sanidade Pública fai un chamamento á mobilización contra a privatización e desmantelemento da Sanidade Pública nunha rolda de prensa convocada na tarde de onte. "Existe una estratexia global para desmanterlar e privatizar a sanidade pública por parte de Núñez Feijóo e o seu goberno", aseguran denda a plataforma. 

O colectivo convoca unha mobilizción este mércores, 13 de xuño, ás 20:30 horas baixo o lema "Acabemos coa corrupción sanitaria do PP" na Praza do Toural.

Manuel Marín, portavoz da plataforma, explicou que xunto cos recortes emprendidos polo goberno galego tamén se puxeron en marcha un conxunto de medidas destinadas a "favorecer a multinacionais e persoas afíns", mediante a desviación de cartos públicos.

Xunto a isto denunciou a posta en marcha de medidas de apoio a fundacións como a Ramón Domínguez, para xestionar a investigación biomédica de empresas privadas.

Ademais denunciou que “houbo unha serie de decisións dirixidas a trasladar ao sistema privado, sobre todo, a Investigación, o desenvolvemento e a formación do persoal” e chamou especialmente a atención sobre a derivación de cartos públicos a esas multinacionais farmacéuticas que “fan investigación que se proba no sistema público e que se sae ben logo patentan e venden esas empresas privadas”.

Toda unha serie de cuestións que supoñen para SOS Sanidade Pública “unha penetración do sistema privado impresionante” que vén agravarse coas últimas medidas postas en marcha: a Reforma da Lei Galega de Saúde, que consolida un modelo que ningunea a Primaria, suprime áreas sanitarias e centraliza a planificación e xestión nos hospitais de referencia e o acordo marco polo que se reforzan os concertos sanitarios coa sanidade privada.

Comentarios