Prohibido falar do Gürtel na Cámara galega

Prohibido falar do Gürtel na Cámara galega

En Marea considera un "despropósito" o veto do presidente da Cámara galega

O grupo En Marea pide o informe encargado por Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, que supostamente avala a prohibición do mesmo en facer referencia á condena do Partido Popular polo Caso Gürtel. Os propios membros de En Marea esixen saber cal é o regulamento para impoñer ese veto.

Carmen Santos e Eva Solla solicitaron por escrito o informe dos Servizos Xurídicos do Parlamento de Galicia relativo ás expresións que os membros da Cámara poden ou non empregar durante o transcuso das sesións en relación á sentenza da Gürtel.

O grupo En Marea considera un "despropósito" a actitude do máximo responsable do Parlamento de Galicia que pretende converter o parlamento nun "espazo propagandístico do PP e non que se censure a realidade de condena ao PP como un partido corrupto".

Comentarios