lunes. 25.06.2018 |
El tiempo

O venres pecha o prazo de inscrición para as primeiras Xornadas sobre a Organización e Xestión de Entidades Deportivas

O venres pecha o prazo de inscrición para as primeiras Xornadas sobre a Organización e Xestión de Entidades Deportivas

Terán lugar entre o 29 de xuño e o 1 de xullo na Casa Dopeso, en As Pontes de García Rodríguez

O prazo de inscrición para as Primeiras xornadas sobre a organización e xestión de entidades deportivas no marco da Universidade de Verán da USC 2018 pechará o próximo día 15 de xuño. Terán lugar entre o 29 de xuño e o 1 de xullo na Casa Dopeso, en As Pontes de García Rodríguez.

O curso consta de 19 horas lectivas está limitado a 100 prazas. As ponencias previstas versarán sobre o futuro inmediato das federacións deportivas, xestión económico-financeira eficiente segundo a tipoloxía das entidades, as relación laboráis nas entidades deportivas, xurisdición deportiva, patrocinio deportivo, novas tecnoloxías ou liderado e talento na xestión do deporte, entre outras.

Entre as persoas ponentes, as xornadas contarán con Leonor Gallardo, profesora titular da UCLM; Emilio García Silvero, director do Departamento de Integridade da UEFA; Cristina Pedrosa Leis, Vogal do Tribunal Administrativo do Deporte ou José González-Dans Vázquez, Director Xeral Corporativo do R.C. Deportivo de La Coruña, Óscar Rama, Asesor xurídico do R.C. Deportivo de La Coruña, David Fabeiro Agraso, experto en seguridade de eventos deportivos e Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade deberán formalizar a súa inscrición na Área de Cultura da USC (www.usc.es/cultura/veran ). A taxa xeral é de 70 € e a reducida de 40 €.

Pódese ampliar información sobre esta e outras actividades da Fundación USC Deportiva a través da páxina web www.fundacionuscdeportiva.org.

Comentarios