Charla sobre a autonomía física das persoas maiores

Charla sobre a autonomía física das persoas maiores

Estas charlas informativas son impartidas por Graciela Rivas, traballadora social e técnica superior en animación sociocultural, especializada en xerontoloxía e atención á terceira idade

A Concellaría de Voluntariado e Benestar Social organizou unha serie de charlas dirixidas a persoas maiores de 60 anos. Cada unha destas conferencias aborda un tema diferente: alimentación saudable, prevención de demencias, sexualidade na idade adulta, prevención de estafas e roubos e recursos para persoas que viven soas. Estas charlas enmárcanse dentro do programa municipal de envellecemento activo Amessan. Este xoves, 14 de xuño, impartirase a quinta charla deste programa que tratará sobre os recursos para persoas que viven soas. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 18.00 a 19.30 horas.

Comentarios
Lo más