Encarna Otero na derradeira Andainas Lingüisticas

Encarna Otero na derradeira Andainas Lingüisticas

As persoas interesadas aínda poden inscribirse

Hoxe, mércores 13, rematan as Andainas Lingüísticas que organiza o Centro de Linguas Modernas durante todo o curso. Nesta ocasión a convidada é Encarna Otero, que agardará por todos os asistentes ás 18.00 horas na Sala do Café de linguas do CLM na Biblioteca Concepción Arenal para facer un percorrido en francés.

As Andainas Lingüísticas están deseñadas para fomentar o contacto entre persoas de nacionalidades e culturas distintas unidas polo seu interese no estudo dunha lingua estranxeira, na mellora das súas destrezas orais nesa lingua e o seu desexo de compartir experiencias, aprender e axudar a aprender aos demais. Paralelamente, estes encontros fóra da aula promoven a práctica dunha actividade saudable mediante excursións a pé coñecendo lugares de interese do contorno e promover valores de respecto e tolerancia.

Comentarios