miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo

Milladoiro e Bertamiráns acollen as últimas xornadas de contacontos

Milladoiro e Bertamiráns acollen as últimas xornadas de contacontos

Estas sesións de contacontos buscaron promover a lectura entre as máis cativas e cativos, amosándolle a maxia que agochan os libros

As bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns acollerán, este mércores e xoves respectivamente, as últimas sesións de contacontos do curso. Baixo o título “E cun ris e cun ras... volvemos comezar!”, a Concellaría de Educación e Cultura pecha o curso escolar nas bibliotecas. Estas sesións de contacontos buscaron promover a lectura entre as máis cativas e cativos, amosándolle a maxia que agochan os libros.

“E cun ris e cun ras... volvemos comezar” é o título baixo o que se encadran as últimas sesións de contacontos do curso nas bibliotecas municipais. Esta derradeira sesión terá lugar o hoxe, 13 de xuño, na biblioteca do Milladoiro, e o xoves 14 na de Bertamiráns. A actividade comezará, como vén sendo habitual, ás 17.00 horas. A partir do 1 de xullo e ata o próximo 31 de agosto, as actividades de animación á lectura trasládanse ás bibliopiscinas localizadas nas piscinas descubertas municipais e na praia fluvial de Tapia.

Ao longo do curso, os contos relatados non se centraron nunha única temática, senón que se abordaron diferentes temas, que estiveron sempre relacionados con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal das máis cativas e cativos. As sesións de contacontos buscaron fomentar o gusto pola lectura entre as crianzas e favorecer, ao mesmo tempo, o desenvolvemento da linguaxe, a promoción da educación en igualdade e valores, o fortalecemento do desenvolvemento cognitivo e o aproveitamento xunto coas familias do tempo de lecer.

Comentarios
Lo más