Santa Isabel acolle as finais da Copa do Sar

Santa Isabel acolle as finais da Copa do Sar

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, presentou as dúas finais da Copa do Sar, coa gran novidade da celebración da categoría feminina, que este ano cumpre a súa primeira edición

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, presentou as dúas finais da Copa do Sar, coa gran novidade da celebración da categoría feminina, que este ano cumpre a súa primeira edición.

O Victoria FC e o Xuventú Aguiño son os dous primeiros finalistas da Copa do Sar Feminina, mentras que o título masculino van a disputalo este ano o Sigüeiro e o Laro.

As dúas finais van a disputarse no campo de Santa Isabel (Santiago) cos seguintes horarios:

-Final masculina: Sigüeiro - Laro o sábado ás 19:00 horas. Custe da entrada, 5 euros.

-Final feminina: Victoria FC - Xuventu Aguiño o domingo ás 12:00 horas. Entrada gratuíta.

Os representantes dos catro clubs acompañaron a Louzán na presentación das finais aproveitando a reunión preparatoria das mesmas. 

Comentarios