miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo

Iniciadas as obras de renovación de beirarrúas e rede de pluviais na Avenida de Ferrol

Iniciadas as obras de renovación de beirarrúas e rede de pluviais na Avenida de Ferrol

O tramo no que se centra o proxecto técnico elaborado polos servizos municipais ten unha lonxitude de 385 metros

O Concello de Ribeira informa do inicio esta semana das obras de renovación de beirarrúas e rede de pluviais na avenida de Ferrol, unha das principais vía de acceso á cidade de Ribeira. Os traballos están a ser efectuados por Excavaciones Nima, S.L.. O importe da actuación, que está adscrita ao POS+2017 da Deputación, ascende a 62.892 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son tres meses.

O tramo no que se centra o proxecto técnico elaborado polos servizos municipais ten unha lonxitude de 385 metros. Actualmente, o seu pavimento, feito de baldosa hidráulica, está bastante deteriorado e carece de rede de pluviais que permita a recollida de augas superficiais que descorren pola vía.

En virtude desta obra se vai pavimentar toda a zona en cuestión con lousas de formigón de diferentes cores e pavimento de formigón de 20 centímetros de espesor, ademais de instalar unha rede de pluviais formada por un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro. Tamén se instalarán arquetas sumidoiro, pozos de rexistro e acometidas de pluviais ás vivendas colindantes.

Primeira fase

Cómpre lembrar que no inverno do 2016 xa se efectuou unha primeira fase de renovación de beirarrúas na avenida de Ferrol que afectou a outros 100 metros lineais deste tipo de infraestrutura.

Comentarios
Lo más