miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo

FeSMC-UGT denuncia que a Administración sacou o 90% dos pregos dos contratos de seguridade antes da entrada en vigor da Lei de contratación pública para facilitar a entrada das empresas de baixo custo

FeSMC-UGT denuncia que a Administración sacou o 90% dos pregos dos contratos de seguridade antes da entrada en vigor da Lei de contratación pública para facilitar a entrada das empresas de baixo custo

O sindicato convocou hoxe unha concentración diante da sede da Xunta para denunciar esta situación

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo (FeSMC-UGT-Galicia)convocou hoxe unha concentración fronte á sede da Xunta, en San Caetano, para denunciar o xeito de actuar da Administración galega no relativo á contratación dos servizos de seguridade e vixilancia. A Administrción se apresurou a sacar o 90% dos pregos, con celeridade, antes de que entrase en vigor a nova Lei de contratación pública. O obxectivo disto é unicamente económico, fomentar a entrada no sector de empresas de baixo custo, as coñecidas como “low cost”.

De feito, Política Social adxudicou a seguridade dos centros de menores de toda Galicia a unha empresa con convenio propio, o que implica unha merma dun 25% dos salarios para os traballadores de nova contratación que van sufrir unha situación de discriminación en relación aos que sexan subrogados, aos que se lles aplicará o convenio estatal de empresas de seguridade. Darase así unha situación a todas luces discriminatoria de “a igual traballo distinto salario”.

FeSMC-UGT considera que a Administración galega ten que dar exemplo en materia de contratación pública, estar vixiante ante este tipo de situacións e non fomentar a contratación con empresas de baixo custo.

FeSMC-UGT insta á Xunta a que permaneza vixiante ante posibles vulneracións da directriz europea de febreiro de 2016 e a Lei de seguridade privada e actúe cando sexa necesario rescindindo contratos.

O que resulta inadmisible é que os traballadores das empresas de baixo custo do sector da seguridade que presten os seus servizos para a Administración galega, ademais de facer o seu traballo, teñan que pelexar a diario porque se cumpran os seus dereitos laborais.

Comentarios
Lo más