José Luis Gigirey González gaña o I Concurso de Fotografía da Natureza

José Luis Gigirey González gaña o I Concurso de Fotografía da Natureza

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC elixiu a fotografía "Pintando a primavera"

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC decidiu outorgar o primeiro premio do seu Concurso de Fotografía da Natureza a José Luis Gigirey González polo traballo ‘Pintando a primavera’. O segundo premio foi para Juan Ramón Martín Catoira e o terceiro para Elena Martín Lores por ‘A hora do baño’. 

O xurado estivo formado polos fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos Alberto Suárez Buyo, José Manuel Ortigueira Bobillo, Javier Baltar Voilieve e Marta Vázquez Rodríguez.

Das 131 fotografías presentadas seleccionáronse as 30 mellor consideradas polo xurado, que conformarán unha exposición que logo de estar no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela pasará a exhibirse noutras institucións galegas, ademais de elaborarase un catálogo.

Os premios entregaranse no acto de inauguración da mostra, previsto para finais deste mes de xuño. 

Comentarios
Lo más