lunes. 25.06.2018 |
El tiempo

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ponse en marcha

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ponse en marcha

O domingo 17 a plataforma chama a todas as persoas contrarias á instalación da planta de residuos da empresa Toysal a participar nunha andaina ata o monte da Casalonga

A veciñanza do concello de Teo, Padrón, Ames e Santiago vai participar nunha andaina o domingo 17 ás 11h organizada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos.

Comézase en 7 puntos diferentes a uns 2 quilómetros do lugar onde Toysal quere instalar a planta de residuos, simbolizando a unión da veciñanza que, cada un dende o seu lugar, avanza decidida cara Toysal para dicirlle ben alto e claro: "Nós chegamos primeiro, Toysal fora!"

Os lugares de partida serán a estación de tren de Osebe, a escola de Casalonga, a Capela de Ameneiro, a Carballeira do San Martiño en Francos, o parque de Texexe, a área recreativa de Mouromorto e a Carballeira de Luou.

O punto de encontro de todas as andainas estará na carballeira de Cornide, lugar onde se instalará un palco e o stand da plataforma. Alí se amenizará o encontro coas aportacións musicáis da veciñanza para rematar o encontro lendo un comunicado e convidando á xente a finalizar a andaina subindo ao monte da Casalonga, antiga canteira onde Toysal quere instalar a súa actividade contaminante e pestilente, a poucos metros da carballeira.

Recollida de firmas, venda de camisetas e inscripción das persoas asociadas

A plataforma está satisfeita coa iniciativa realizada para a recollida de sinaturas e venda de camisetas. A resposta cidadá superou as expectativas da plataforma. Ás mostras de solidaridade e concienciación da veciñanza foron continuas.

Comentarios