lunes. 25.06.2018 |
El tiempo

Martiño Noriega: "O baloncesto está no ADN de Compostela"

Martiño Noriega: "O baloncesto está no ADN de Compostela"

O alcalde da capital de Galicia agradeceu "o esforzo de todas as persoas que fixeron posible que un evento desta categoría deportiva veña a Santiago, un esforzo que comezou hai máis dun ano"

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, foi o encargado de pechar o acto de presentación da Supercopa Endesa que tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi.

O alcalde agradeceu "o esforzo de todas as persoas que fixeron posible que un evento desta categoría deportiva veña a Santiago, un esforzo que comezou hai máis dun ano". Martiño Noriega reivindicou que "o baloncesto está no ADN de Compostela, esta é unha cidade que sempre tivo paixón por este deporte". O alcalde tamén sinalou que "o empeño en traer a Supercopa á capital galega ten tamén moito que ver co agradecemento que lle debemos ao club da cidade, o Obradoiro, e á súa afección". Por último, agradeceu a implicación da Deputación da Coruña, "que se mostrou disposta dende o primeiro momento a cofinanciar o patrocinio para o evento".

Para rematar, o alcalde salientou que “sempre dicimos que esta cidade é un lugar de encontro e creo que este evento o será tamén, un lugar de encontro ao redor a unha paixón que é moi forte nesta cidade, a paixón polo basket. Estamos moi satisfeitos de ter un evento deste impacto con este cartel, que terá un gran retorno económico para a cidade”. 

Comentarios