domingo. 24.06.2018 |
El tiempo

Deportistas da USC acadan seis medallas no Campionato Galego de Atletismo e no Circuíto Galego de Augas Bravas

Deportistas da USC acadan seis medallas no Campionato Galego de Atletismo e no Circuíto Galego de Augas Bravas

Integrantes do Club de natación, Valentina Capelli (categoría Máster 2) e Diego Sotelo (Máster 1) subiron ao máis alto do caixón na IV Travesía Encoro Os Peares organizada polo Club Natación Escualos, mentres que Denís Pexegueiro (Máster 2) foi segundo

Deportistas da USC participaron esta pasada fin de semana no Circuíto Galego de Augas Abertas no Encoro dos Peares e no Campionato Galego de Atletismo disputado en Pontevedra e colectaron un total de seis medallas. 

Integrantes do Club de natación, Valentina Capelli (categoría Máster 2) e Diego Sotelo (Máster 1) subiron ao máis alto do caixón na IV Travesía Encoro Os Peares organizada polo Club Natación Escualos, mentres que Denís Pexegueiro (Máster 2) foi segundo. Xunto co medallistas, Ana Cotos rematou cuarta en categoría Senior e Adrián Trillo noveno en Senior. Todos eles participaron na proba de 3.000 metros do circuíto galego de augas abertas ‘Trofeo Peares Inmersión Lingüística’.

No Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, dous atletas do Club USC subiron ao podio do Campionato Galego de Atletismo. Mateo Dagnac Llompart proclamouse subcampión galego na categoría benxamín en 1.000 metros lisos cun tempo de 3:35,26, mellorando a súa marca en case 5 segundo. O mesmo atleta foi bronce en salto de lonxitude.

Na mesma competición Carla Ruiz, na categoría infantil, acadou bronce en 80 metros cunha marca de 10,97, novo record persoal da atletla. 

Comentarios