martes. 19.06.2018 |
El tiempo

Familia, escola e comunidade como eixos de intervención educativa

Familia, escola e comunidade como eixos de intervención educativa

O prazo de inscrición rematará o próximo 23 de xuño

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso titulado ‘Menores: familia, escola e comunidade como eixos de intervención educativa’ entre os días 4 a 6 de xullo no Salón de Actos do I.E.S. Vilar Ponte Viveiro (Viveiro, Lugo). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 23 de xuño.

O curso, dirixido por Miguel A. Santos Rego e Mar Lorenzo Moledo, ten como obxectivo analizar a realidade actual dos menores no marco das transformacións sociais, ademais do seu influxo no crecemento e formación da personalidade. As sesións tamén buscan coñecer o impacto das redes sociais no desenvolvemento e conformación de patróns de actitude e de conduta nos menores. A partir de aí, o curso orientará a intervención educativa dende eixos clave para a visión do mundo do menor: a familia, a escola e a comunidade, así como revisar programas de acción educativa. Tamén se analizará a avaliación efectiva, centrada en aspectos e dimensións ligadas ao éxito e/ou ampliación de posibilidades para os menores en risco.

O curso inclúe relatorios, mesas redondas e obradoiros sobre diversos temas. Entre eles, os programas efectivos para conectar familia, escola e comunidade; os eixos de desenvolvemento educativo; o traballo educativo con familias dende un Departamento de Orientación; o risco social dos menores; a implicación das familias nos deberes escolares; a prevención de riscos na Rede; os recursos básicos para o uso educativo de Internet; o maltrato infantil e a lexislación do menor en España.

Comentarios