martes. 19.06.2018 |
El tiempo

O grupo de teatro de Down Compostela estrea no Milladoiro a obra “A mansión de José Cruz”

O grupo de teatro de Down Compostela estrea no Milladoiro a obra “A mansión de José Cruz”

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe venres 15 de xuño, ás 20.30 horas, a representación da obra “A mansión de José Cruz”, escrita e dirixida por Lucas Herrador e protagonizada polr un grupo aproximado de 20 persoas que forman parte do grupo de teatro Down Compostela

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe venres 15 de xuño, ás 20.30 horas, a representación da obra “A mansión de José Cruz”, escrita e dirixida por Lucas Herrador e protagonizada polr un grupo aproximado de 20 persoas que forman parte do grupo de teatro Down Compostela. A entrada será de balde ata completar aforo. Será unha obra terrorífica, moi divertida e que nos fará pensar. Esta é a décima obra que representa o grupo de teatro de Down Compostela.

O grupo de teatro de Down Compostela estará mañá no Milladoiro para representar a obra “A mansión de José Cruz”. Unha vintena de actores con síndrome de down e discapacidade intelectual subiranse ao escenario do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro caracterizados como homes lobo, vampiros, zombis ou asasinos en serie, para representar a última obra deste grupo de teatro, que está escrita e dirixida por Lucas Herrador.

Será unha obra terrorífica, moi divertida e que nos fará pensar. “Os mitos creados en torno ao terror son unha proxección daquelas circunstancias e persoas que nos rodean e que, no momento que menos o esperamos, pódennos facer dano”, reflexiona o director.

“Existe unha clase de medo ao que penso que non lle fixemos todo o caso que merece. Refírome ao cotián; algunha vez parámonos a pensar no poder que teñen as persoas do noso día a día? Cando ese despotismo exércese desde lugares onde non hai máis remedio que permanecer, por exemplo, os hospitais, entramos no territorio do medo”, engade Herrador.

Ademais de agradecer o traballo dos actores, Lucas Herrador tamén quere destacar o papel dalgunhas das profesionais e voluntarias de Down Compostela que colaboran co grupo. Especialmente a de María García Quintas que traballa para que “a autoestima destes mozos e mozas creza, para non conformarnos cos fríos datos do informe pedagóxico, para probarnos e probar que se pode facer o máis difícil aínda. En definitiva, para que seguir facendo teatro”. Ademais, Down Compostela contou de novo este ano coa colaboración do pintor Rafael Romeu Masiá, quen deseñou o cartel da obra.

“A mansión de José Cruz” é a décima obra que representa o Grupo de Teatro Down Compostela, despois da posta en escena de “Arturo, Arthur, Artur” (Salón Teatro, 2017), “Búscame a este tipo” (Salón Teatro, 2016), “Só ante a Perigos” (Salón Teatro, 2015), “Alicia no país das marabillas” (Auditorio de Galicia, 2009), “ Esopo e as súas fábulas” (Sala Nasa, 2010), “Romeo e Julieta” (Sala Nasa, 2011), “ Fuenteovejuna” (Salón Teatro, 2012), “Vodas de sangue” (Salón Teatro e Casa de Cultura de Milladoiro, 2013) e “As probas de Hércules” (Salón Teatro e Casa de Cultura de Milladoiro, 2014).

Comentarios