Padrón investirá 50.000 euros na mellora do camiño paralelo á canle do río Sar

Padrón investirá 50.000 euros na mellora do camiño paralelo á canle do río Sar
Foto: Xosema - https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Padron_-_01_-_Rio_Sar_desde_a_ponte_do_Carme.jpg
Padrón investirá 50.000 euros na mellora do camiño paralelo á canle do río Sar

A empresa Excavaciones Ovidio executará as obras nun tramo de 630 metros de lonxitude, no que se ampliará a superficie pavimentada en medio metro a cada lado

O Concello de Padrón destinará 48.784,78 euros á execución dun proxecto de mellora do camiño paralelo á canle do río Sar, dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018 da Axencia de Desenvolvemento Rural (Agader), cofinanciado con fondos europeos. Esta semana, o alcalde, Antonio Fernández Angueira, asinou o contrato coa empresa Excavaciones Ovidio, que será a encargada de acometer as obras.

A actuación de mellora realizarase nun treito de 630 metros de lonxitude e consistirá nos seguintes traballos: limpeza das gabias a ambas marxes e mellora da capa de rodaxe con aglomerado en quente. Ao respecto, o rexedor destacou que o proxecto permitirá ampliar a actual anchura da superficie pavimentada en 0,50 metros a cada lado, dentro da plataforma que xa ocupa o camiño. Ademais, está prevista a sinalización horizontal e vertical deste tramo, co pintado das liñas nos bordes e coa instalación dun sinal de stop.

Antonio Fernández Angueira subliñou que "este proxecto forma parte dunha quincena de obras nas que está a traballar o goberno local e que se atopan na fase final da tramitación administrativa para proceder á súa licitación e adxudicación nos vindeiros meses, tanto en varias parroquias do rural como en diferentes zonas do núcleo urbano".

Comentarios
Lo más