150.000 euros en axudas no marco do programa InnoCámaras

150.000 euros en axudas no marco do programa InnoCámaras
150.000 euros en axudas no marco do programa InnoCámaras

As empresas poderán presentar a súa solicitude a partir do día 18 de xuño e ata o 31 de xullo de 2018, ou ata esgotar o orzamento da convocatoria.

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre a convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de plans de implantación de solucións innovadoras para os que destinará 150.200 euros, axudas que xorden no marco do programa InnoCámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea.

O obxecto das axudas é que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación cameral poidan desenvolver plans de implantación de solucións innovadoras, que inclúen unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.

Comentarios