A Deputación da Coruña comeza os trámites das expropiacións previas ás obras de ampliación de dúas pontes en Santiago e Vedra

A Deputación da Coruña comeza os trámites das expropiacións previas ás obras de ampliación de dúas pontes en Santiago e Vedra
A Deputación da Coruña comeza os trámites das expropiacións previas ás obras de ampliación de dúas pontes en Santiago e Vedra

O departamento provincial de Vías e Obras construirá unha nova ponte de sobre o rego Gatofero e ampliará a ponte sobre a liña do ferrocarril da DP 8901. Ambos viadutos pasarán a ter 12 metros de ancho e contarán con beirarrúas

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de levantamento de actas previas das expropiacións necesarias para as obras de construción dunha nova ponte na DP 7804 sobre o rego Gatofero, en Santiago de Compostela, e a ampliación da ponte sobre a liña do ferrocarril da DP 8901, no termo municipal de Vedra.

No caso da DP 7804, as obras suporán a demolición da ponte actual que atravesa o rego Gatofero, con só seis metros de ancho, e a construción dun novo viaducto de 12 metros de ancho, dos que 9 serán de calzada e 3 destinaranse é execución de beirarrúas.

A ponte terá 25 metros de lonxitude, con catro vigas doble T dispostas sobre un único vano. Sobre elas executarase unha lousa de formigón armado executada in situ de 25 cm de espesor.

Estas obras suporán un investimento de 405.000 euros, incluindo as expropiacións, e enmárcanse nun proxecto máis ambicioso de ensanche, mellora de trazado e do firme da estrada DP 7804 entre os puntos quilométricos 18+690 e 22+223 que conectan o núcleo compostelán de Miramontes coa intersección da estrada DP-0701. Estas obras, xa aprobadas polo pleno da Deputación, contan cun orzamento de 1.260.761 euros.

Ampliación da ponte sobre a vía do tren en Vedra

A Deputación da Coruña tamén ampliará a ponte sobre a liña de ferrocarril, na DP-8901 de Gaiosa á Ponte Sarandón, no concello de Vedra. Estas obras, que contan cun orzamento de 104.759,62 euros, permitirán duplicar o ancho da plataforma, pasando de 6 a 12 metros. A estrutura quedará dividida en dous carrís de circulación de 3,5 metros, beiravías de 05 e beirarrúas de 2 metros.

Deste modo, adaptarase a ponte ao ancho actual da calzada e facilitarase o tránsito do tráfico de vehículos pesados que xera o Polígono Industrial de Vedra.

Comentarios
Lo más