A Transición española analizada no último curso de verán da USC

A Transición española analizada no último curso de verán da USC
A Transición española analizada no último curso de verán da USC

O prazo de inscrición rematará o próximo 6 de xullo

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre o período histórico da Transición entre os días 18 e 20 de xullo no Salón de Graos Juan Linz na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 6 de xullo.

O curso, dirixido por Manuel María de Artaza Montero, ten como obxectivo analizar as investigacións sobre a Transición, o papel das elites e da sociedade civil durante este período, as repercusións en Galicia, o papel dos medios de comunicación e do cine e o impacto na Unión Europea.

A xornada inclúe a historiografía da Transición, unha visión crítica sobre este período e o cine a televisión neste época. Ademais, os participantes poderán coñecer o nacemento e a consolidación da autonomía de Galicia e do País Vasco, así como o papel da Constitución e da Unión Europea.

Comentarios
Lo más