A Escola Deportiva Santiago organiza o III Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez

A Escola Deportiva Santiago organiza o III Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez
A Escola Deportiva Santiago organiza o III Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez

Será o sábado 30 de xuño no campo de fútbol de Villestro e participarán os clubes Escola Deportiva Santiago, Atlético Fátima, RC Celta de Vigo e unha selección do IV Campus ETC

A Escola Deportiva Santiago organiza, co apoio do Concello de Santiago, o III Torneo de fútbol EDS Memorial Antonio Bermúdez, co que se homenaxeará ao xornalista deportivo compostelán falecido no 2016.

O torneo celebrarase o sábado 30 de xuño no campo de fútbol de A Barrosa, en Villestro, de 10:00 a 14:00 horas. Haberá competicións nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Participarán os equipos dos clubes Escola Deportiva Santiago, Atlético Fátima, RC Celta de Vigo e unha selección de xogadores do IV Campus ETC.

Este Torneo servirá de colofón ao IV Campus ETC (Ensino Técnico Competicional), que organiza a Escola Deportiva Santiago no campo de fútbol de A Barrosa (Villestro) e o pavillón de Roxos-Villestro, coa colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, a Fundación Celta e Gadis.

Este campus diríxese a nenos e nenas de entre os 4 e os 14 anos que vivirán durante cinco días, de 10:00 a 14:00 horas, unha experiencia diferente arredor do fútbol. Trátase dunha forma dinámica, divertida e pouco habitual de ensinarlle aos máis pequenos conceptos do fútbol.

Como actividades complementarias, o Campus inclúe adestramento específico para porteiros e un Clinic impartido pola Fundación Celta, do RC Celta de Vigo.

Todos os nenos e nenas que participen no Campus terán un seguro de accidentes deportivos e recibirán unha equipación de agasallo. Pódense inscribir de xeito individual ou por equipos. Estes son os prezos:

-Prezo por inscrición individual: 90 €

-Prezo por neno/a para equipo de 3 xogadores/as: 80 €

-Prezo por neno/a para equipo de 5 xogadores/as: 70 €

-Prezo para dous irmáns (cada irmán): 75 €

-Prezo para familias numerosas (cada irmán): 75 €

-Servizo de acollida ás 09:00 horas: 5 €

Os interesados en apuntarse xa poden facelo cubrindo o formulario online que atoparán na páxina web escoladeportivasantiago.org

Para calquera dúbida, poden dirixirse ao teléfono 697 408 573 ou escribir a escolasantiagocf@gmail.com

Comentarios
Lo más