AMICO e Ames organizan unha charla sobre a rehabilitación en maiores

AMICO e Ames organizan unha charla sobre a rehabilitación en maiores
AMICO e Ames organizan unha charla sobre a rehabilitación en maiores

A entrada será libre ata completar o aforo

O local social de JUPEMI, situado no Milladoiro, acolle este xoves, 21 de xuño, ás 17.30 horas, unha xornada informativa, que organiza a Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca, para trasladar ás persoas con discapacidade do concello de Ames as vantaxes que ofrece a realización periódica de tratamentos e actividade física adaptada baixo supervisión de profesionais. A xornada que forma parte do Servizo de rehabilitación VIII, que a asociación presenta á Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello de Ames co obxectivo de ampliar o alcance deste servizo ao maior número de persoas interesadas. 

As persoas asistentes poderán coñecer e consultar ao equipo de profesionais do Centro de rehabilitación Combina Social, que se encargan dos tratamentos, as dúbidas ou consultas que lle xurdan respecto diso, tras informarlles das ferramentas que poñerían á súa disposición. Con estas xornadas a asociación quere conseguir un maior nivel de participación social, un mellor coñecemento corporal, así como incentivar o autocoidado entre as persoas con discapacidade. A xornada será impartida por profesionais expertas e tituladas en Fisioterapia e Terapia Ocupacional, encargadas da prestación dos tratamentos integrados no Servizo de rehabilitación VIII 

Comentarios
Lo más