Unha persoa tivo que ser excarcerada en Vilalba ao colidir contra un tractor o turismo no que circulaba

Unha persoa tivo que ser excarcerada en Vilalba ao colidir contra un tractor o turismo no que circulaba

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o remolque do vehículo agrícola envorcou e caeu sobre o vehículo no que viaxaba a persoa que quedou atrapada

Unha persoa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba ao colidir contra un tractor o turismo no que circulaba. O accidente sucedeu na rotonda do Polígono Industrial de Vilalba, ás 18:02 horas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o remolque do vehículo agrícola envorcou e caeu sobre o vehículo no que viaxaba a persoa que quedou atrapada.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente de tráfico a través da Policía Local. Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia se solicitou a colaboración da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil, do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros de Vilalba.

Comentarios
Lo más