A sala de exposicións de Brión acolle o espectáculo “De trebellos, perellos e fedellos”, de Monicreques de Kukas

A sala de exposicións de Brión acolle o espectáculo “De trebellos, perellos e fedellos”, de Monicreques de Kukas

A sala municipal de exposicións de Brión acolle hoxe ás 18:00 horas o espectáculo “De trebellos, perellos e fedellos”, da compañía Os Monicreques de Kukas. Un espectáculo duns 60 minutos de duración e dirixido especialmente a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade

A sala municipal de exposicións de Brión acolle hoxe ás 18:00 horas o espectáculo “De trebellos, perellos e fedellos”, da compañía Os Monicreques de Kukas. Un espectáculo duns 60 minutos de duración e dirixido especialmente a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. A entrada é libre e de balde.

Esta actividade está organizada polo Concello de Brión e conta co patrocinio do programa "Ler conta moito", da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O espectáculo é unha posta en escena de varios poemas do libro “De trebellos, perellos e fedellos”, no que Os Monicreques de Kukas apoiaranse en recursos artísticos como a pintura en directo, obxectos e monifates.

Charla sobre as obrigas de corta de arborado e roza

O Concello de Brión organiza hoxe venres 22 de xuño dúas charlas informativas sobre as obrigas de corta de arborado e roza que establece a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os lumes forestais de Galicia. Dúas charlas que terán lugar no centro social polivalente de Brión (ás 11:00 horas) e no teleclube da Luaña (17:00 horas). As charlas serán impartidas por técnicos do Distrito Forestal III (Santiago, meseta interior, Ordes). A asistencia é totalmente libre e de balde.

Comentarios