Sánchez Freire cortada o vindeiro 23 de xuño

Sánchez Freire cortada o vindeiro 23 de xuño
Sánchez Freire cortada o vindeiro 23 de xuño

O Concello de Santiago anuncia diferentes cortes de tráfico na cidade

Con motivo da colocación dun camión guindastre para unha obra particular, o vindeiro sábado, 23 de xuño, cortarase ao tráfico a rúa de Sánchez Freire. Unicamente se permitirá o acceso aos garaxes dos residentes antes do punto de corte, á altura do acceso á rúa Sánchez Freire, na confluencia coas rúas de Xosé Pasín e do Penedo.

Os residentes dos garaxes situados despois do corte poderán acceder en sentido contrario dende a rotonda de Conxo, seguindo as indicacións do persoal da empresa que executará a obra.

CORTE DE TRÁFICO EN MAZARELOS

Con motivo de obras de mantemento nos pavimentos da praza da Universidade e da praza de Mazarelos, dende o vindeiro luns 25 de xuño e ata o 25 de agosto, vai quedar cortado ao tráfico o tramo entre a praza da Fonte Seca e o Arco de Mazarelos.

Comentarios
Lo más