Estudantes de 1º de Bacharelato do IES de Brión gañan o primeiro premio no concurso “Sensores 2018”

Estudantes de 1º de Bacharelato do IES de Brión gañan o primeiro premio no concurso “Sensores 2018”

Deseñaron e fabricaron “BrionXbot”, un autómata capaz de recompilar datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade controlable por bluetooth dende un teléfono móbil

Alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico do IES de Brión acaban de gañar o primeiro premio no concurso "Sensores 2018", un certame convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. Un galardón recoñece a calidade do proxecto “BrionXbot”: un robot deseñado, fabricado, controlado e programado integramente polo alumnado do centro brionés e que está inspirado nas esculturas cinéticas do artista neerlandés Theo Jansen.

Esta iniciativa desenvolveuse como proxecto interdisciplinario dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo no último trimestre do curso e contou co soporte do Laboratorio de Formas Procesos e Materiais do IES de Brión. Os autores do mesmo son: Diego Baleirón Pais, Diego Basante Magariños, Noelia Canda Pazos, Antón Carcedo Martínez, Verónica Godoy Antelo, David Gualillo Lago, Alberte Xosé López Freire, Ainhoa Pérez Raña, Aarón Peula Velarde, Sara Picos Gómez, Alejandro Quintana Cid, Carlos Ruiz Abete, Carla Villar Cobas e Fátima Viqueira Barca.

Á entrega de premios, celebrada no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, acudiron Fátima Viqueira Barca e Alberte López Freire, en representación do alumnado participante no proxecto, así como o profesorado que coordinou o proxecto: Luz Ramos López e Xabier Lorenzo Abalde. O segundo premio do certame foi para “Foguete”, conformado por alumnado de 2º da ESO do IES Menéndez Pidal.

Comentarios