CxG pregunta sobre o depósito do guindastre

CxG pregunta sobre o depósito do guindastre
CxG pregunta sobre o depósito do guindastre

Dende a formación galeguista recordan que o Concello ía efectuar outra convocatoria no mes de abril, da cal non se sabe nada

Onde está actualmente o depósito de vehículos que son retirados polo guindastre dende a remunicipalizacion do servizo de ORA e guindastre? Está é a pregunta que lanza a agrupación local de Compromiso.

A finais de 2017 o Concello convocou un concurso para a construción dun aparcadoiro destinado aos vehículos vinculados a clientela dun espazo comercial. No proxecto inicial nesa área ía ir tamén unha parcela reservada para o depósito de vehículos retirados polo guindastre. No mes de xaneiro a empresa adxudicataria mostrou a súa disconformidade co proxecto. Ao non alcanzar un acordo, o Concello iniciou o expediente resolución do contrato.

Dende a formación galeguista recordan que o Concello ía efectuar outra convocatoria no mes de abril, da cal non se sabe nada. Pero o servizo xa está en mans de Tussa, pero sen aclarar se dispón de parcela para o depósito, nin a súa localización unha vez desbotada a posibilidade de usar a parcela do aparcadoiro disuasorio de Santa Marta.

Compromiso pide transparencia no servizo e que o Concello dea información a cerca de onde está actualmente o depósito municipal de vehículos retirados polo guindastre. Formulan como posibilidade a ocupación dos terreos de titularidade municipal da Sionlla.

Comentarios
Lo más