Boquexión acollerá unha conferencia sobre a ELA

Boquexión acollerá unha conferencia sobre a ELA
Boquexión acollerá unha conferencia sobre a ELA

Será ás 19:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón

Hoxe, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón, haberá unha conferencia sobre a Esclerose Lateral Amiotrófica. Será ás 19:00 horas.

Interverán Jessica Garabal,  coordinadora de AGAELA, Manuel Rodríguez, veciño de Boqueixón afectado pola ELA e vogal da AGAELA e Cruz Ansemil, coidadora e cónxugue de Manuel.

Ademáis, na nova tempada de fútbol sala, o equipo C.D. Veteranos Lestedo Club de Fútbol Sala lucirá nas súas camisetas o logo da asociación e no resto da equipación deportiva. Este convenio foi froito dun acordo de colaboración entra AGAELA e o devandito club para dar a coñecer tanto a enfermidade como a asociación.


Comentarios
Lo más