O curso de verán sobre a Ribeira Sacra analizará a súa paisaxe, patrimonio e terra de viños

O curso de verán sobre a Ribeira Sacra analizará a súa paisaxe, patrimonio e terra de viños
O curso de verán sobre a Ribeira Sacra analizará a súa paisaxe, patrimonio e terra de viños

O prazo de inscrición rematará o 6 de xullo

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre a paisaxe, patrimonio e terra de viños da Ribeira Sacra entre os días 16 e 20 de xullo na Casa da Cultura de Monforte de Lemos (Lugo). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 6 de xullo. 

O curso, dirixido por Ignacio J. Díaz-Maroto Hidalgo, ten como obxectivo descubrir o patrimonio da Ribeira Sacra, en relación ás comunidades monásticas que alí se asentaron; así como coñecer a súa etnografía e as súas paisaxes únicas. Ademais, os participantes poderán apreciar a cultura arredor do viño.

A sesións inclúen contidos sobre a transformación da paisaxe da Ribeira Sacra ao longo dos séculos; a convivencia entre as paisaxes naturais e as transformadas pola acción humana; e a protección constitucional e características máis salientables para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco. En definitiva, amosar a Ribeira Sacra como unha terra cuxa historia se remonta a tempos inmemoriais, con fondas tradicións e insólitas paisaxes. 

Comentarios