Servizos Sociais de Ribeira programan tres obradoiros de verán e un documental destinados ás persoas maiores

O calendario de actividades incluirá un taller de relaxación, outro de duelo (xestións de emocións no seu proceso), un terceiro de dilemas éticos na comunicación dunha doenza grave e, por último, a proxección do documental “El Último Viaje”

Un total de tres obradoiros ademais da proxección dun documental integran a oferta que os Servizos Sociais de Ribeira van a organizar este verán para as persoas maiores.

O calendario de actividades incluirá un taller de relaxación, outro de duelo (xestións de emocións no seu proceso), un terceiro de dilemas éticos na comunicación dunha doenza grave e, por último, a proxección do documental “El Último Viaje”. 

Todas son accións incardinadas no Programa de Animación e Promoción Social das Persoas Maiores e desenvolveranse entre o luns 2 de xullo e o 6 de agosto cos obxectivos de aprender a respiración abdominal, coñecer os diferentes tipos de dó e reflexionar sobre os nosos comportamentos e sentimentos ante unha enfermidade grave.

Comentarios
Lo más