O Pazo da Peregrina acolle o musical Peter!... Voamos!

O Pazo da Peregrina acolle o musical Peter!... Voamos!
O Pazo da Peregrina acolle o musical Peter!... Voamos!

Este venres, 29 de xuño, chega a Ames o espectáculo musical inclusivo Peter!... Voamos!, que está baseado na obra de Peter Pan. Será interpretada, nos xardíns do Pazo da Peregrina, ás 22.30 horas, por máis de 50 actrices e actores con discapacidade intelectual pertencentes á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas)

Este venres, 29 de xuño, chega a Ames o espectáculo musical inclusivo Peter!... Voamos!, que está baseado na obra de Peter Pan. Será interpretada, nos xardíns do Pazo da Peregrina, ás 22.30 horas, por máis de 50 actrices e actores con discapacidade intelectual pertencentes á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas). Este musical, dirixido por Kiko Bouza, enmárcase dentro do proxecto “Abrindo os ollos ao mundo”. Este espectáculo está dirixido a un público familiar. A entrada será de balde. Se chove a actividade quedará suspendida.

Abrindo os ollos ao mundo naceu dunha “idea ilusionista” de crear unha obra musical baseada na historia de Peter Pan e que fose representada por 50 persoas con discapacidade intelectual. Unha vez preparada a obra, decidiuse representala en público na Gala do 50 aniversario da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual, que se celebrou o pasado 16 de decembro de 2017 no Auditorio de Galicia.

Tras o estreo do musical decidiuse continuar co proxecto co obxectivo de que o público en xeral puidese ver o traballo realizado por estas actrices e actores con discapacidade intelectual.

Así é como nace Abrindo os ollos ao mundo que consiste en poñer en marcha polas cidades a obra musical Inclusiva: Peter!... Voamos! interpretada por 50 persoas con discapacidade intelectual e mozos/as estudantes. Ambos colectivos conviven nos ensaios, aprendendo uns de outros e axudándose mutuamente. Os/as mozos/as apoian ás persoas con discapacidade intelectual na memorización dos guións, á posta en escena,… pero as persoas con discapacidade intelectual amosan á mocidade a que con esforzo e ilusión todo se pode conseguir, amósanlles os valores que non poderán atopar nos seus libros, lles brindan o seu cariño, a súa alegría e a súa gratitude.

Deste xeito, este venres, 29 de xuño, ás 22.30 horas, representarase este espectáculo musical nos xardíns do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Este espectáculo está dirixido a un público familiar. A entrada será de balde. Se chove a actividade quedará suspendida.

Esta obra, dirixida por Kiko Bouza, está incluída dentro da programación cultural municipal Verán´18.

Comentarios
Lo más