Atlético Fátima e RC Celta de Vigo, campións do III Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez

Atlético Fátima e RC Celta de Vigo, campións do III Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez
Atlético Fátima e RC Celta de Vigo, campións do III Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez

A competición puxo punto e final ao IV Campus ETC que organizou a Escola Deportiva Santiago durante esta semana

O campo de fútbol de A Barrosa, en Villestro, acolleu a pasada fin de semana  celebración do III Torneo de fútbol EDS Memorial Antonio Bermúdez, co que unha vez máis se homenaxeou ao xornalista deportivo compostelán falecido no 2016.

Esta competición serviu de colofón ao IV Campus ETC (Ensino Técnico Competicional), que organizou a Escola Deportiva Santiago no campo de fútbol de A Barrosa (Villestro) e o pavillón de Roxos-Villestro, do 25 ao 29 de xuño para nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade. O Campus incluíu adestramento específico para porteiros e un Clinic impartido pola Fundación Celta.

O fillo do homenaxeado no Torneo, o tamén xornalista Toño Bermúdez, foi o encargado de entregar os premios as gañadores nas diferentes categorías. O Atlético Fátima foi o campión en categoría Alevín, quedando o equipo da Escola Deportiva Santiago como segundo clasificado. En categoría Benxamín o primeiro clasificado foi o RC Celta de Vigo, seguido da Escola Deportiva Santiago, o Atlético Fátima e o equipo formado por unha selección de xogadores do IV Campus ETC.

En canto á categoría Prebenxamín, venceu o Atlético Fátima, a Escola Deportiva Santiago foi segunda e a selección do Campus, terceira.

Estas actividades puideron realizarse gracias á colaboración da Deputación de A Coruña, o Concello de Santiago, a Fundación Celta e Gadis.

Comentarios
Lo más