Ordes, sede do Campionato de Grupos Show

Ordes, sede do Campionato de Grupos Show
Ordes, sede do Campionato de Grupos Show

En total participarán arredor de 370 patinadores e patinadoras con idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos

Este vindeiro sábado, 7 de xullo, terá lugar a IV edición do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show. Como de costume as probas desenvolveranse no pavillón Castelao I e a asistencia será de balde para todas aquelas persoas que desexen acudir.

En total participarán arredor de 370 patinadores e patinadoras con idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos, pertencentes aos seguintes equipos: Xiramos, Oroso, Paiart-Coristanco, Boiro, Noia, Torres de Altamira, Axel-Arteixo, A Pobra, Ribeira, Brincadeira, Costa da Morte, Conxuro, Brión, Omega e Galia.

Ademais a cita terá un marcado carácter solidario porque a cada asistente se lle solicita a entrega voluntaria de alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas Ordes.

Comentarios
Lo más