A Cámara de Comercio organiza unha charla sobre o gas natural nos vehículos

A Cámara de Comercio organiza unha charla sobre o gas natural nos vehículos
A Cámara de Comercio organiza unha charla sobre o gas natural nos vehículos

Será un almorzo informativo dirixido a empresas de loxística e transporte profesional que se celebrará ás 10:00

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará mañá mércores, 4 de xullo, un almorzo informativo sobre o gas natural vehicular, en colaboración coa compañía Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa). O presidente da Cámara, José Sierra Fernández, acompañado polo secretario da entidade Fernando Barros, presentará a xornada que estará impartida polo responsable de Mobilidade Zona Centro-Norte, Salvador Jorge Mora, e a delegada de Eficiencia Zona Centro-Norte de Naturgy, María Francisca Rodríguez.

Cun ton realista e provocando a participacións das empresa, a xornada tratará as alternativas que existen na actualidade ao diésel no sector do transporte profesional e a situación dos prezos dos distintos combustibles, para posteriormente profundar no gas natural vehicular e explicar como realizar con éxito economicamente e operativamente a súa implantación.

Comentarios