Sen vistas de eliminar os símbolos franquistas en Galicia

Sen vistas de eliminar os símbolos franquistas en Galicia
Sen vistas de eliminar os símbolos franquistas en Galicia

Concepción Burgo denuncia o “postureo” da Xunta e lembra que o incumprimento da Lei por parte da Igrexa pode supor a retirada de subvencións públicas

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe á Xunta de incumprir coa Proposta den Resolución aprobada no último debate do Estado da Autonomía para pedirlle á Xunta un Plan de Eliminación de Símbolos do Franquismo. Burgo presentou unha pregunta na Comisión de Cultura para reivindicar a proposta que pedía un acordo entre Xunta, Fegamp e Igrexa.

A responsable socialista censurou hoxe o “postureo” do goberno galego que, logo de presentarse “en contra dos totalitarismos”, á hora da verdade “non fan absolutamente nada”. Reclamou unha “verdadeira denuncia do franquismo” e unha “esencial” liña política que vaia “realmente en contra dos restos do franquismo”.

Apostillou que “con dicirlle á Igrexa que ten que cumprir progresivamente –coa Lei de Memoria Histórica- non me vale”. Advertiu que a normativa –art. 15.4- ampara que no momento en que a Igrexa se negue a retirar un símbolo franquista o goberno pode retirarlle as subvencións.

Preguntou ironicamente se “van facer un plan de eliminación de símbolos real ou todo vai quedar en que o conselleiro, en cada reunión, vailles dicir aos representantes da Igrexa que se lles parece ben, se poden, se non é molestia non lles importaría retirar este ou aquel símbolo do franquismo”.

Burgo lamentou que o goberno galego se resista mesmo a cumprir cunha proposta de Resolución, -un “mandato parlamentario”, subliñou- que por iniciativa dos socialistas galegos foi consensuada e votada a favor mesmo polo Grupo do PP. En base a ese acordo, dixo, o goberno galego “ten que liderar o proceso e conseguir o consenso” con Fegamp e Igrexa.

Lembra que de acordo co artigo 15 da Lei de Memoria Histórica as administracións públicas teñen a orde de retirar todo símbolo de exaltación do alzamento militar e da ditadura franquista. Considera “básico non manter os símbolos que sigan humillando ás vítimas da represión militar e da Guerra Civil” e subliñou que “xa é hora de que desapareza esta simboloxía e se observe certa vontade da Xunta para cumprir coa Lei”.

Comentarios
Lo más