A Policía Local de Ames realizou durante o primeiro semestre de 2018 un control especial das prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional

A Policía Local de Ames realizou durante o primeiro semestre de 2018 un control especial das prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional
A Policía Local de Ames realizou durante o primeiro semestre de 2018 un control especial das prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional

Como resultado deste control cumprimentáronse un total de 46 denuncias por estacionamento nestas prazas, ben por non ter tarxeta ou, no caso de tela, esta non ser válida

Durante o primeiro semestre deste ano a Policía Local de Ames levou a cabo un control especial das prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional. Como resultado deste control cumprimentáronse un total de 46 denuncias por estacionamento nestas prazas, ben por non ter tarxeta ou, no caso de tela, esta non ser válida. Asemade, retiráronse un total de 5 tarxetas por un uso indebido das mesmas (duplicidade da tarxeta, caducidade da tarxeta ou falecemento do/a titular da mesma).

Durante as última semanas a Policía Local de Ames realizou outras actuación de diferente índole. Deste xeito, durante o mes de maio interceptaron a dúas persoas, que tiñan antecedentes, nun vehículo en Covas, así como incautaron varios gramos de sustancias estupefacientes, unha báscula de precisión e unha cantidade substancial de diñeiro, a un grupo de persoas que foron rexistradas na avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro.

Asemade, a patrulla da Policía Local, realizando funcións de vixilancia e disciplina do tráfico na avenida da Maía, deulle o alto a un vehículo e procedeu a comprobación da documentación do condutor, comprobando que circulaba co permiso de conducir retirado por perda total de puntos. Así, procedeu a súa denuncia por un delito contra a seguridade viaria. Tamén colaboraron na extinción dun incendio cos medios de extinción e mailas patrullas desprazadas ata preto do colexio de Ventín; colaboraron coa Garda Civil do Milladoiro informando dunha persoa que causou altercados nun establecemento de Rosalía de Castro; e interviron nun accidente de tráfico na avenida de Rosalía de Castro, no que houbo un ferido.

Outras actuación nas que interviron foi pola denuncia de ruído en pisos, debido a celebración dunha festa coa música moi alta; interpuxéronlle a unha persoa unha denuncia por amezas e insultos ás forzas de seguridade; realizaron varias comprobacións de documentación de cans de raza perigosa, dando como resultado tres denuncias por carecer da documentación correspondente; e intercéptase a unha persoa conducindo unha furgoneta da cal se tiña coñecemento que carecía de permiso de conducir.

Controis de alcoholemia

Os axentes da Policía Local tamén realizaron a comezos do mes de maio, con motivo da festa da xuventude, controis de alcoholemia en diversos puntos de Bertamiráns e asistencia a varias chamadas por ruídos. Nos controis que se realizaron nas primeiras horas da noite, concretamente na avenida da Maía, detectouse un positivo en alcohol, arroxando un resultado de 0,36 mg/l na primeira proba e 0,34 na segunda, polo que foi denunciado administrativamente por condución baixo os efectos do alcohol.

Na rúa Travesía da Peregrina, producíronse outros dous positivos en alcol arroxando os condutores un resultado de 0,48 mg/l na primeira proba e 0,47 mg/l na segunda, e outro condutor un resultado de 0,66 mg/l na primeira proba e 0,50 mg/l, sendo ambos denunciados administrativamente por condución baixo os efectos do alcohol. Nesta mesma rúa tamén se produciu un positivo en drogas, do cal se dou parte a xulgado por un delito contra a seguridade viaria.

O día 6 de maio, na quenda de noite, mentres se realizaban funcións de vixilancia e disciplina do tráfico, na intersección da avenida de Rosalía de Castro coa rúa Curuxa, no Milladoiro, procedeuse a detención do condutor dun turismo que circulaba polo carril central da rúa Curuxa sentido á rúa Rosalía de Castro, cruzando a intersección a unha velocidade elevada, así como coa música moi alta. Unha vez se lle solicitou a documentación ao condutor, observaron que tiña síntomas de estar baixo as influencias de bebidas alcohólicas, polo que realizóuselle unha proba de alcoholemia, dando un resultado de 0,68 mg/l na primeira proba e 0,70 mg/l na segunda.

Na rúa da Travesía da Peregrina interpuxeron outra denuncia administrativa a un condutor por circular baixo os efectos do alcol, ao arroxar un resultado de 0,42 mg/l na primeira proba e 0,41 na segunda. Outros dous condutores foron denunciados por viaxar sen o cinto de seguridade. Noutros controis realizados, na Travesía do Porto e na avenida da Maía, procedese á imputación dun condutor por falsidade documental, tramitando as correspondentes dilixencias ao xulgado.

Os axentes tamén interviron nun accidente de circulación na avenida da Maía. Unha vez no lugar dos feitos, os condutores cumprimentaron un parte amistoso de accidentes. Os axentes realizáronlle a proba de alcoholemia a ditos condutores, arroxando ambos condutores, resultado positivo. Sendo un deles denunciado administrativamente o arroxar un resultado inferior os 0,60 mg/l, e o outro condutor remítense dilixencias o xulgado por un delito contra a seguridade viaria a arroxar un resultado de 1,33 mg/l na primeira proba e 1,31mg/l na segunda.

Comentarios
Lo más