Adxudicada a nova pavimentación das rúas Muralla e Luis Pimental

Adxudicada a nova pavimentación das rúas Muralla e Luis Pimental

A rúa da Muralla presenta un pavimento de terra e o de Luis Pimentel outro de aglomerado asfáltico que está moi deteriorado

O Concello de Ribeira publica a adxudicación dunha nova execución consistente na pavimentación de sendos tramos da rúas da Muralla e Luis Pimentel na parroquia de Aguiño ata sumar unha lonxitude total de 370 metros lineais.

A empresa adxudicataria foi Canarga, S.L.. A actuación comporta un investimento de 17.963 euros, IVE incluído, e o prazo de execución é dun mes.

Actualmente, a rúa da Muralla presenta un pavimento de terra e o de Luis Pimentel outro de aglomerado asfáltico que está moi deteriorado. O proxecto técnico elaborado persegue a renovación dos dous firmes a través da aplicación en ambos casos dunha mestura bituminosa en quente.

Na rúa da Muralla actuarase sobre unha lonxitude de 125 metros liñais, previo desbroce, limpeza e acondicionamento da superficie a pavimentar, ademais de estender unha primeira capa de zahorra artificial).

Pola súa parte, na rúa Luis Pimentel a zona de actuación ten unha lonxitude de 255 metros e como traballos previos fresarase o pavimento asfáltico actual, ademais de proceder ao desbroce en limpeza.

Comentarios