O PSOE denuncia que o PP impide un acordo parlamentario para mellorar o estado ecolóxico do Sar e a depuración das augas residuais urbanas que verten ao río

O PSOE denuncia que o PP impide un acordo parlamentario para mellorar o estado ecolóxico do Sar e a depuración das augas residuais urbanas que verten ao río
O PSOE denuncia que o PP impide un acordo parlamentario para mellorar o estado ecolóxico do Sar e a depuración das augas residuais urbanas que verten ao río

Patricia Vilán reclamaba a inmediata posta en marcha da nova Edar de Santiago e a ampliación da Edar de Bertamiráns

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou ao PP de impedir un acordo parlamentario en base a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para mellorar o estado ecolóxico do río Sar e a depuración das augas residuais que verten nel. Así o dixo no debate desta proposta na Comisión de Medio Ambiente, que foi rexeitada polo voto en contra do PP. 

Vilán reclamaba un convenio de colaboración entre Estado, Xunta e Concello de Santiago para garantir a “inmediata posta en marcha” da nova Edar da capital galega. Sinalou a urxencia para poñer en marcha a “coordinación da Xunta cos gobernos central e local para resolver a situación da depuradora de Santiago de Compostela porque se están a poñer en perigo fondos comunitarios e a saúde da Rúa de Arousa e do Río Sar.

Tamén reivindicou a posta en marcha da ampliación da Edar de Bertamiráns, no Concello de Ames, antes de que remate o exercicio 2021. Lembra que a infraestrutura está orzamentada dende 2015, pero a Xunta négase a executala e nin sequera quere recibir ao alcalde para dar conta dos motivos desta paralización.

A responsable socialista deu a luz de alarma diante do Estado “deficiente” do Río Sar, tal e como constatou o Plan Hidrolóxico Galicia – Costa, ao paso do mesmo polos concellos de Santiago, Ames, Brión, Rois, Padrón, Dodro e Pontecesures, e poñendo en perigo a Ría de Arousa, onde desemboca.

Ademais, a finais de 2014 a Comisión Europea anunciaba da denuncia diante do Tribunal de Xustiza da UE pola falla de garantía do bo tratamento das augas residuais urbanas, e mesmo a Comisión Europea solicitaba a imposición dunha sanción económica pola deficiente depuración das augas tamén en Santiago de Compostela.

Comentarios
Lo más