O Concello de Oroso pide a colaboración veciñal para manter limpas as fincas e evitar o risco de incendio

O Concello de Oroso pide a colaboración veciñal para manter limpas as fincas e evitar o risco de incendio
O Concello de Oroso pide a colaboración veciñal para manter limpas as fincas e evitar o risco de incendio

Nun bando, o alcalde Manuel Mirás lembra que “a normativa da Xunta informa de que poderá procederse á execución subsidiaria dos traballos, repercutindo os custos ás persoas responsables”

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, lembra aos veciños do municipio as obrigas que a Consellería de Medio Rural da Xunta impuxo este ano no relativo á limpeza de fincas e parcelas para evitar incendios forestais.

Nun bando informativo, Mirás sostén que “se nun curto prazo de tempo os titulares non acometen os traballos de limpeza das fincas, a lei informa de que poderá procederse á execución subsidiaria dos mesmos, repercutindo os custos ás persoas responsables”.

O goberno galego modificou este ano a normativa, pero a responsabilidade pasou de maneira inmediata aos concellos, que deben comprobar que os particulares cumplen con este novo requisito. Para facelo, os municipios non recibiron a día de hoxe ningún tipo de axuda e son os que reciben as numerosas consultas dos veciños con relación a este tema. “A loita contra os incendios é unha prioridade para o goberno local e pedímoslle responsabilidade aos titulares das fincas, xa que entramos nun periodo de alto risco de incendios”, afirma O alcalde de Oroso.

O Concello de Oroso colabora coa Xunta na loita contra os lumes forestais, pois nos últimos anos conta cunha brigada contra incendios e a agrupación municipal de voluntarios de Protección Civil está alerta para unha primeira intervención rápida.

“Dito isto, o que non se pode é solucionar o problema trasladando de golpe a responsabilidade aos municipios ou abrindo expedientes aos veciños”, engade Manuel Mirás, que lamenta a nula axuda que os concellos reciben da Xunta.

Comentarios
Lo más