Regresa o día de San Cristovo para honrar en Ribeira ao patrón dos conductores

Regresa o día de San Cristovo para honrar en Ribeira ao patrón dos conductores

A cita arrancará ás 10 da mañá con bombas de palenque e unha alborada a cargo do grupo de gaitas Xiada

Este domingo día 8 de xullo regresará o Día de San Cristovo para honrar ao patrón dos condutores.

Para falar desta tradicional iniciativa, que foi recuperada fai uns anos pola Asociación Alfaia e o Concello e desenvólvese coa colaboración da parroquia de Santa Uxía, compareceron hoxe no Centro Cultural Lustres Rivas a concelleira Hermninia Pouso, o párroco Alfonso Mera e Pilar García e Puri Cores en representación da devandita asociación.

A cita arrancará ás 10 da mañá con bombas de palenque e unha alborada a cargo do grupo de gaitas Xiada. Ás 11 horas terá lugar unha concentración de vehículos no Malecón e ás 12 do mediodía, unha misa solemne na igrexa cantada pola Coral Polifónica Municipal de Riveira e no transcurso da cal recordarase ás vítimas dos accidentes de tráfico.

Procesión

A continuación terá lugar a tradicional procesión, na que acompañarán a imaxe de San Cristovo os clubs Os Reventapistóns e Galicia Garage de Riveira con saída dende Porta do Sol pasando por rúa Galicia, Romero Ortiz, rotonda de autobuses e Malecón, onde terá lugar a bendición dos vehículos.

A comitiva despedirase coa actuación do grupo de gaitas.

Os organizadores fixeron un chamamento aos veciños para que se sumen a esta celebración.

Comentarios