Rexistrada unha moción para que "La Manada" sexan declarados como persoas non gratas en Compostela

Rexistrada unha moción para que "La Manada" sexan declarados como persoas non gratas en Compostela
Rexistrada unha moción para que "La Manada" sexan declarados como persoas non gratas en Compostela

A moción recolle o clamor social expresado na rúa contra as violacións, acoso e agresións machistas


O grupo municipal do BNG rexistrou unha moción para que o Concello declare á coñecida como “La Manada” (José Ángel Prenda Martínez, Alfonso Jesús Cabezuelo Entrena, Jesús Escudero Domínguez, Ángel Boza Florido e Antonio Manuel Guerrero Escudero) como persoas non gratas en Santiago de Compostela.

A Audiencia Provincial de Iruña acordou pór en liberdade os cinco agresores violadores, autodenominados “La Manada”, condenados por someter unha moza de 18 anos a reiterados actos sexuais, por parte de todos eles, en contra da súa vontade e facendo uso da súa condición de superioridade: numérica, física e de idade, durante os Sanfermíns de 2016.

Estes feitos foron cualificados xuridicamente como abusos sexuais por parte dese tribunal que levou a condenar a 9 anos de prisión os acusados, para logo completarse coa decisión de non prorrogarlles a prisión preventiva ante a gravidade do sucedido, polo que dende o venres 22 de xuño están na rúa. O tribunal emprega argumentacións difíciles de entender á vista do rexeitamento social demostrado na rúa e, en concreto, polo movemento feminista.

Recolle o texto da moción que as corporacións municipais son a expresión do mandato cidadá e non poden quedar á marxe da sociedade se non recollen o clamor da rúa, o pensar e sentir de milleiros de mulleres e homes, ante a inxusta resolución a esta situación tan grave.

Para o BNG é necesario e urxente o entendemento da xustiza e da sociedade en temas tan sensíbeis; e con este feito, quere trasladar a solidariedade e arroupo á vítima, para que non se sinta nin culpábel, nin sinalada nin condenada. O caso de “La Manada” é o cumio do iceberg “e débese aproveitar para visibilizar os centos de casos anónimos que suceden ao noso arredor con moita máis frecuencia da que nós pensamos”, sinala a iniciativa.

Reclamarase tamén dar traslado do acordo plenario á representación legal dos cinco condenados a nove anos de prisión pola agresión sexual xulgada na Audiencia Provincial de Iruña e tamén á representación legal da vítima para que sexa coñecedora do apoio real que ten.

Comentarios
Lo más