Ribeira albergará en xullo e agosto un curso de monitor de fútbol base de 65 horas

Ribeira albergará en xullo e agosto un curso de monitor de fútbol base de 65 horas

A actividade formativa arrancará o vindeiro 13 de xullo 

Ribeira vai dar cabida nos meses de xullo e agosto a un novo curso de monitor de fútbol base, o segundo que se celebra no noso municipio, esta vez por iniciativa do Sálvora C.F.. 

Ramón Martínez Becerra como presidente deste club, Manuel Mosquera como director da Escola Galega de Adestradores e Anxo Orellán como concelleiro de Deportes comentaron os detalles desta actividade formativa que arrancará o vindeiro 13 de xullo e constará de 65 horas lectivas. Desenvolverase no Centro Cultural Lustres Rivas e durará entre tres e catro semanas segundo aseverou Martínez Becerra, quen explicou que se buscará a maior flexibilidade posible para que aqueles que estean interesados poidan acudir as clases, que serán en horario de tarde, en principio de 18 a 23 horas.

O mínimo de asistentes imprescindible para poder celebrar a iniciativa é de 15 persoas. O prezo son 150 euros e as inscricións pódense formalizar dende hoxe na páxina web www.futgal.es .

Manuel Mosquera salientou a importancia de participar neste tipo de cursos para que os monitores de fútbol base saiban educar en valores deportivos aos rapaces, que é a prioridade fundamental. Pola súa parte, Anxo Orellán lembrou a esixencia cada vez maior de contar con esta titulación para poder adestrar en Galicia.

Comentarios
Lo más