O Contencioso responsabiliza á Mancomunidade da interrupción puntual da recollida do lixo no 2017

O Contencioso responsabiliza á Mancomunidade da interrupción puntual da recollida do lixo no 2017

O Xulgado respalda a mensaxe que o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza ben reiterando ante as deficiencias que puntualmente se veñen rexistrando na recollida do lixo nos concellos da área do Barbanza

O Xulgado do Contencioso-Administrativo Número Tres de A Coruña acaba de ditar sentenza en firme contra a sanción que no seu momento a Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza impuxo ó Complexo Medioambiental Serra do Barbanza pola interrupción puntual do servizo de recollida de lixo en febreiro de 2017. En concreto esta sentenza non só anula a penalización interposta pola Mancomunidade, que ascende a 1.202.02 euros, senón que responsabiliza á Mancomunidade da paralización da prestación do servizo debido a que non levara a cabo a renovación da frota de vehículos tal e como estipulaba o contrato. 

Deste xeito o Xulgado respalda a mensaxe que o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza ben reiterando ante as deficiencias que puntualmente se veñen rexistrando na recollida do lixo nos concellos da área do Barbanza, e que se deben ás continuas avarías rexistradas nuns camións que deberían ter sido renovados xa no 2013 por parte da Mancomunidade.

A sentenza do Contencioso recolle expresamente a responsabilidade da Mancomunidade neste problema que afecta directamente á cidadanía, que se ve privada do servizo. 

Comentarios