O Pazo da Peregrina acolle o día 10 de xullo o Foro de diagnose do proxecto "Compartimos Plan" na comarca de Santiago

O Pazo da Peregrina acolle o día 10 de xullo o Foro de diagnose do proxecto "Compartimos Plan" na comarca de Santiago
O Pazo da Peregrina acolle o día 10 de xullo o Foro de diagnose do proxecto "Compartimos Plan" na comarca de Santiago

En Compartimos Plan é necesario contar con todos os axentes chave do territorio, isto é, coas administracións locais, organizacións locais e demais entidades públicas e privadas da provincia

A Deputación da Coruña leva desenvolvendo durante estes meses o estudo de diagnose do proxecto Compartimos Plan, consciente de que é necesario detectar as necesidades existentes en materia de igualdade de xénero nas diferentes comarcas da provincia da Coruña, para poder despois articular un conxunto de medidas e accións dirixidas a favorecer a equidade de xénero no ámbito provincial. En Compartimos Plan é necesario contar con todas/os as/os axentes chave do territorio, isto é, coas administracións locais, organizacións locais e demais entidades públicas e privadas da provincia.

Por iso, o Concello de Ames colabora nesta iniciativa realizando o martes, 10 de xuño, ás 10.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o Foro de diagnose do proxecto Compartimos Plan na comarca de Santiago. Deste xeito, desenvolverase unha xornada de traballo para amosar unha mostra do que ata o de agora se recolleu no estudo de diagnose. É importante que todas as persoas que asistan a este foro confirmen a súa asistencia a través desta ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdHADqJJSpZnCAcg-RRDG3L9ScghbE_wsk5xpTg8eDa_tMUag/formResponse ou na páxina web www.compartimosplan.com.

A información que se obteña en dito foro permitirá definir mellor as áreas de actuación para a implementación de políticas de igualdade e mellorar a asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos na execución das súas competencias, e por suposto, para a elaboración dos orzamentos anuais pola sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, de forma axeitada ás necesidades detectadas e ás prioridades establecidas. 

Comentarios
Lo más