370 patinadores e patinadoras de 15 equipos danse cita no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show

370 patinadores e patinadoras de 15 equipos danse cita no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show
370 patinadores e patinadoras de 15 equipos danse cita no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show

En total foron 370 de entre 6 e 17 anos integrantes dos equipos coruñeses e pontevedreses Xiramos, Oroso, Paiart-Coristanco, Boiro, Noia, Torres de Altamira, Axel-Arteixo, A Pobra, Ribeira, Brincadeira, Costa da Morte, Conxuro, Brión, Omega e Galia

A IV edición do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show foi o máis destacado do calendario deportivo local nesta fin de semana. Durante toda a xornada do sábado o pavillón Castelao I estivo a rebordar de público e de patinadores e patinadoras.

En total foron 370 de entre 6 e 17 anos integrantes dos equipos coruñeses e pontevedreses Xiramos, Oroso, Paiart-Coristanco, Boiro, Noia, Torres de Altamira, Axel-Arteixo, A Pobra, Ribeira, Brincadeira, Costa da Morte, Conxuro, Brión, Omega e Galia.

Finalmente a clasificación xeral quedou do seguinte xeito:

Categoría: Grupos de Primaria (6 a 12 anos)

-Grupo Grande de Primaria (13 patinadores ou máis ): 1º CP Conxuro de Laracha; 2º CP Axel- Arteixo; 3º CP Ribeira.

-Grupo Pequeno de Primaria (de 6 a 12 patinadores): 1º CP Axel- Arteixo; 2º CP Oroso; 3º CP Brión.

-Cuarteto Primaria: 1º CP Axel- Arteixo; 2º CP Brión; 3º CP Oroso.

Categoría: Grupos de Secundaria (de 13 a 20 anos)

-Grupo Grande de Secundaria (13 patinadores ou máis): 1º CP Oroso, 2º CP Xiramos (Vigo); 3º CP Brincadeira (A Coruña).

-Grupo Pequeno de Secundaria (de 6 a 12 patinadores): 1º CP Axel - Arteixo; 2º CP Brincadeira (A Coruña); 3º CP Ribeira.

-Cuarteto Secundaria: 1º CP Conxoro de Laracha; 2º CP Axel-Arteixo; 3º CP Brincadeira (A Coruña).

Categoría: Xuvenil Nacional (1ª división)

1º CP Omega (Ames); 2º CP Galia- Ordes; 3º CP Ribeira.

Ana Soneira, concelleira da área de Deportes do Concello de Ordes, foi a persoa responsable de entregar os trofeos e as medallas aos primeiros clasificados e clasificadas.

Nesta ocasión o Club Patinaxe Galia, organizador da competición xunto coa Concellería de Deportes de Ordes, contou coa colaboración das seguintes firmas comerciais: papelería Tres Lápices, bar Rei de Copas, pizzería Zentrum, cafetería e centro de ocio infantil Feitizo, autocares Rogelio, café bar Susa, arranxos de costura Lola, imprenta Alpi, arquitectura e urbanismo Leandro del Río, froitería Agarimo, hamburguesería A Bolera e café bar Castro.

A cita tamén serviu de escusa para recadar alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas Ordes.

Comentarios
Lo más