Padrón viviu un fin de semana no medievo

Padrón viviu un fin de semana no medievo
Padrón viviu un fin de semana no medievo

Con esta XIII edición, Padrón convértese nun referente nas feiras medievais da zona da comarca compostelana.

Padrón viaxou ao século XIII para meterse de cheo no medievo. O 6, 7 e 8 de xullo a vila padronesa vivu tres xornadas cheas de música, festa e espectáculos que encheron as súas rúas para unhas festas que xa van pola súa decimoterceira edición.

O evento comezou o venres ás 18 horas coa apertura do mercado medieval. Trinta minutos máis tarde comezou o obradoiro de oficios antigos de vidrio e ás 18.45 horas o obradoiro infantil de pan. Ás 20.00 horas houbo unha exhibición de cetrería, ás 21.00 horas tivo lugar o pasarrúas do grupo Mazmorra e ás 22.30 horas os asistentes puideron gozar cun gran espectáculo de lume e acrobacias.

O sábado día 7 comezaron as actividades a partir das 11.00 horas coa apertura do mercado e o inicio do pasarrúas con música e personaxes, e a posta en marcha dos obradoiros. Pola tarde, ás 18.00 horas, o mercado abriu de novo e ás 18.20 horas comezaron as exhibicións dos diferentes obradoiros. Ás 22.00 horas, o grupo Gaeloc aminazou o ambiente na praza Rodríguez Cobian e ás 23.00 horas os presentes puideron disfrutar do espectáculo de lume.

Xa o domingo 8, ás 11.00 horas o mercado abriu as súas portas e continuaron as exhibicións dos obradoiros e ás 12.30 horas deu comezo a loita de cabaleiros. Ás 18.00 horas veciños e visitantes puideron seguir desfrutando do mercado medieval e ao longo de toda a tarde coa animación musical polas rúas da vila. Por si fora pouco, ás 19.00 horas, na praza Rodríguez Cobian, os presentes puideron desfrutar dos combates medievais de corpo a corpo. O fin de festa chegou ás 22.30 horas cun espectáculo de lume e pirotecnia. 

Maiores e pequenos viviron unha festa chea de ilusión e agarimo. Con esta edición, Padrón convértese nun referente nas feiras medievais da zona da comarca compostelana.

Comentarios