O Grupo Municipal Popular lémbralle ao Goberno o compromiso de compensar os gastos dos locais socioculturais de propiedade veciñal

O Grupo Municipal Popular lémbralle ao Goberno o compromiso de compensar os gastos dos locais socioculturais de propiedade veciñal
O Grupo Municipal Popular lémbralle ao Goberno o compromiso de compensar os gastos dos locais socioculturais de propiedade veciñal

O Grupo Popular apunta a posibilidade máis inmediata de incluír no orzamento municipal algún tipo de subvención para as entidades veciñais que veñen custeando os gastos destes dous centros

“Os centros socioculturais da Casa Agraria, situado na zona do Meixonfrío, e o de Aríns seguen a soster a súa actividade grazas ao esforzo económico directo da veciñanza que cada ano afronta a totalidade dos gastos correntes destas instalacións, como a auga, a enerxía eléctrica e mesmo o imposto municipal de bens inmobles (IBI). A situación supón un agravio comparativo respecto dos outros 40 centros que integran a rede municipal de centros socioculturais do Concello de Santiago, cuxos gastos son asumidos integramente polo orzamento municipal”.

Para tratar de remediar esta desigualdade, o Pleno Municipal aprobou en xullo de 2017 co apoio de todos os grupos –incluíndo o do goberno municipal- unha iniciativa proposta polo PP para “estudar e adoptar ao longo do ano actual algunha medida compensatoria para que o Concello contribúa economicamente ao mantemento dos centros socioculturais de titularidade veciñal –na actualidade os da Casa Agraria no Meixonfrío e o de Aríns- para equiparar o seu tratamento co resto da rede pública de locais onde se desenvolven actividades de carácter social e cultural promovidas pola Administración municipal.”

“Non se pode comprender como ao longo do todo o tempo transcorrido o Goberno de Compostela Aberta non teña atopado ningunha solución nin posto en práctica ningunha medida compensatoria para paliar esta situación. A demora na resposta a estes casos contrasta coa facilidade do Goberno local para afrontar outros gastos, como os realizados para adaptar algún local veciñal de propiedade dun terceiro e en alugueiro que non tiveron problema para seren incluídos no orzamento municipal”.

O Grupo Popular apunta a posibilidade máis inmediata de incluír no orzamento municipal algún tipo de subvención para as entidades veciñais que veñen custeando os gastos destes dous centros, por un importe que viñera a compensar os gastos anuais de funcionamento e equilibrar así a situación destas instalacións.

Comentarios