Este mércores arrancan as "Mañás de circo" nos parques dos centros cívicos

Este mércores arrancan as "Mañás de circo" nos parques dos centros cívicos
Este mércores arrancan as "Mañás de circo" nos parques dos centros cívicos

O parque traseiro do Centro Cívico da Pontepedriña acolle a primeira das actuacións

Mañá mércores comezan as Mañás de circo nos parques, unha das actividades incluídas no programa Vive o verán, da rede de centros cívicos. Circo Chosco protagoniza estes espectáculos, que se desenvolverán ao longo deste mes de xullo, sempre ás 11:30 horas, en varios espazos verdes próximos a centros cívicos.

O parque traseiro do Centro Cívico da Pontepedriña acolle a primeira das actuacións. Logo, as seguintes serán en: exterior do CC de Marrozos (xoves 12); praza Aurelio Aguirre, en Conxo (venres 13); praza Pascual Veiga, en Santa Marta (luns 16); parque do Cotaredo, nas Fontiñas (martes 17); zona verde do CC da Gracia (xoves 19) e parque de Pablo Iglesias, en Vite (luns 23).

Estas actuacións están dirixidas a un para público familiar, con crianzas de 3 a 9 anos. A actividade é de balde e non precisa inscrición. En caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao centro cívico próximo ata completar a capacidade da sala. 

Comentarios
Lo más