O reitor informa dos acordos do Consello de Goberno da USC

O reitor informa dos acordos do Consello de Goberno da USC
O reitor informa dos acordos do Consello de Goberno da USC

O reitor ofrecerá hoxe, mércores 11, unha rolda de prensa na que estará acompañado dos vicerreitores de Investigación e Innovación e de Profesorado

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este martes en sesión ordinaria para tratar, entre outros, asuntos relacionados coa convocatoria de axudas xerais á investigación da USC, prazas de profesorado e nomeamentos de profesores eméritos.

Para dar conta destes e doutros acordos, o reitor ofrecerá hoxe, mércores 11, unha rolda de prensa na que estará acompañado dos vicerreitores de Investigación e Innovación e de Profesorado, Vicente Pérez Muñuzuri e Ernesto González, respectivamente. O encontro cos medios será ás 11.45 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Comentarios
Lo más